lunes, 16 de marzo de 2015

Documental Muíños do Folón - Picón

Os muíños do Folón e Picón convírtense no escenario da rodaxe do noso documental. Nestes momentos atopámonos na fase de produción.



Tras varios meses de conversación con Juán Ramón Martínez (Director e fundador de Miño Films), chegamos a conclusión de realizar este documental no que nos atopamos traballando dende novembro do 2014. É un pracer para nós mostrarlle a toda a xente a beleza paixasística deste paraxe.

¿Por qué o documental? Unha pregunta moi simple cunha resposta moi breve, "orgullosos do noso".






¿Cómo o estamos a realizar? Pois andamos todas as semanas polos muiños, acompañados por turistas, excursións, calqueira persoa que se preste a subir, ou co equipo de rodaxe. (Sempre cas ferramentas de traballo). Entrevistamos a turistas, membros de asociacións, comunidades, persoaxes do pobo...

¿Cómo financiamos o proxecto? Contamos coa colaboración de O Concello de O Rosal, Comunidade de Montes, O.L.V.R e Activa Dixital, pero a única financiación que recibimos é pola vosa parte, facendo doazóns en Verkami. (No enlace a Verkami atoparedes máis información).




Nos seguintes enlaces podedes seguir máis de cerca este documental:

Facebook: https://www.facebook.com/documentalfolonpicon?fref=ts

Blogger: http://documentalmuinhos.blogspot.com.es/

Verkami: http://www.verkami.com/projects/10984-documental-muinos-do-folon-picon

Twitter: https://twitter.com/pepinho1923

0 comentarios:

Publicar un comentario