Venres 5 e sábado 6 de setembro celébrase no Espazo Fortaleza de Goián o Minho Reggae Splash.
CARTEL MINHO REGGAE 2014 |
"Na vila de Goián, no concello de Tomiño, existe un espazo histórico onde os grandes protagonistas son o Río Miño, a súa praia fluvial e a historia da Fortaleza de San Lourenzo.
Esta fortaleza foi erixida no século XVII e 300 anos despois convertese nun espazo para gozar da cultura e do ocio.
O Espazo Fortaleza acollerá este ano a celebración do V Minho Reggae Splash, transformando unha icona da guerra nun símbolo de paz e unión entre pobos.
O espazo dispón de zona de baño na beira do Río Miño, zona verde de gran beleza paisaxística, sombra con árbores autóctonas, ademais dos servizos necesarios para a celebración do V Minho Reggae Splash.
Descanso / Camping
O festival dispón dun camping para o descanso dos asistentes nun pinar a poucos metros de festival.Os que veñades en furgoneta ou caravana tamén tedes un espazo habilitado.
Como chegar
A cidade principal máis próxima ao festival e Vigo.Dende Vigo podes coller un autobús até a vila de Goián e camiñar uns dous quilómetros até o Espazo Fortaleza.
- Saída dirección Goián (Tomiño) case todas as horas coa compañía Automóviles de Tui SA. Os horarios en www.vigobus.com / 986.61.02.55
Se chegas por Portugal, a vila lusa máis próxima ao festival é Vila Nova de Cerveira. Esta encóntrase a tres quilómetros de Goián.
A Vila Nova de Cerveira podes chegar en autobús ou en tren.
- Consultar trens en Portugal en www.cp.pt
- Consultar autouses en Portugal en www.rede-expressos.pt"
Fonte da información: http://www.minhoreggae.com/splash2014/
0 comentarios:
Publicar un comentario